14/06/11

Un dos autores máis lidos e representados no mundo.


Hai tempo no clube de lectura lemos unha novela titulada "El señor y las flores del Corán", o principio resultounos a todos impactante pero ó final non tiña nada que ver. Esta novela adaptouse ao cine co mesmo título.

Vouvos falar un pouco do seu escritor:


Eric-Emmanuel Schmitt naceu en Lyon o 28 de marzo de 1960, é un escritor e dramaturgo francés.


Naceu entre pais de profesores de educación física, superou as probas de acceso para a Escola Superior de París na que estudio dende 1980 ata 1985. Licenciouse en filosofía. Foi profesor na Escola Militar Saint Cyr durante o seu servizo militar nas universidades de Cherburgo e Chambéry. 
Este escritor foi un adolescente rebelde con ocasionales    ataques de violencia.

Dende o seu debut nos anos 90 do siglo XX as súas obras de teatro levárono a un grande éxito. É un gran apasionado á música e traduciu diferentes óperas de Mozart ao francés:  Las bodas de Fígaro e Don Giovanni.

A súa obra El señor Ibrahim y las flores del Corán vendiu en 2004 máis de 250.000 exemplares en Francia e 300.000 en Alemaña.

Recibiu moitos premios, en especial pola súa faceta como dramaturgo. Actualmente vive en Bruselas.