02/06/11

Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro naceu en Celanova no ano 1912  e falecido en Vigo, a causa dun derame cerebral, no 1979, foi un escritor e político galeguista, foille dedicado o Día das Letras Galegas en 1989. Por culpa da guerra civil é enviado polas tropas franquistas á fronteira de Asturias. Alí consegue o posto de radiotelegrafista, o que o mantén afastado da liña de combate. Despois da guerra continou os estudos de Dereito que empezara en Oviedo, que abandona, e empeza a estudar Maxisterio, pero nunca chegou a exercer.

En 1966 emigrou a Venezuela, proceso que el mesmo explicou así: "Ofrecéronme dende Caracas a Secretaría de Cultura da Sociedade Galega e marchei, aínda que de primeira non ía decidido a quedar, como logo ocorreu. Pódese dicir que foi un autoexilio".