18/06/11

A Banda sen futuro.

É un libro que fala dunha rapaza chamada Carlota que ten a cabeza rapada por culpa dun eccema da cabeza e vai sempre cun gorro ou pano xa que, dalle vergoña estar sen o gorro ou pano diante da xente. É recén chegada a unha nova cidade onde ten que volver facer novos amigos. 
Ela non quere ir a clase aínda que, os seus pais obrígana ir. 


Carlota comeza as clases e non se sinte ben. Todos miran para ela e nos recreos séntese soa e vira como os demais andan xogando, pasándoo ben cos amigos.
Ela, na casa, fala cunha foto de Poch, o cantante do grupo dos Derribos Arias e A banda sen futuro, que morrera fai uns dias. Cóntalle todo o mal que lle está pasando nestes duros momentos.

Cada 15 días, os luns, a rapaza ten que ir ó hospital a facerse probas para saber se lle volverá crecer o pelo.
Neste libro tamén descubre o amor, o desamor e fará amigos, cousa que ela non se imaxinaría.  


E se querdes saber como descubre o amor e se de verdade lle crecerá o pelo, tedes que ler o libro. 
Recoméndovos ler o libro pero tamén vos recomendo que se o ledes tedes que imaxinar a sitación na que está pasar Carota.