19/06/11

As aventuras " Da man negra"

Este trimestre, lin un libro chamado As aventuras de " A man negra ".
Trátase dun libro de aventuras e feitos misteriosos, neste libro uns rapaces chamados : Félix (o xefe), Adela (unha nena moi intelixente), Rollo, e mais Kiki c.e ( significa : co esquío) forman un grupo de detectives chamado: A man negra.
Reunense a saída das clases debaixo do pombal e teñen descubertos moitos casos de misterio e atrapados a moitos ladróns. A historia que máis me gustou foi : A casa misteriosa. Onde descobren a un falsificador de selos, que se agocha nunha casa abandoada, despois de moito investigar e perseguilo por toda a cidade consiguen que a policía deteña a este perigoso falsificador.