18/05/11

Para o club de lectura: O pintor do sombreiro de malvas

Un adolescente, enviado pola súa nai, á vila de Auvers, pasará unha temporada xunto á súa tía Jojo, a que pensa que é unha vella tola.
Na estación de tren coñecerá a alguén que será moi importante na súa vida, Vicent; un pintor que vive a vida con fortes pinceladas.
Ao paso do tempo, coñecerá a moita xente coa que vivirá momentos moi especiales, como as súas excursións xunto a Adeline a rapaza da que estará namorado.
Algúns días despois, a morte dun ser querido, fará que o mozo queira marchar a París e non volver xamáis.

Este libro é daqueles que expresa moito os sentimentos dos personaxes, que transmite a dor e a felicidade. O meu favorito é Vicent; porque eu adoro pintar, e cando o fago olvídaseme todo o demáis e só penso no que quero expresar co meu cadro.
No libro hai unha frase que pareceume moi interesante e que di así:
                                                                                                          
Non esquezamos que as pequenas emocións son as grandes capitáns das nosas vidas.        

                                           Vicent.