19/05/11

IV gala contra o cancro da Panorama, día do ano de máis turismo en Ordes

Como xa moitos saberedes, este pasado 29 de abril celebrouse en Ordes a IV gala contra o cáncro da orquestra Panorama. A que xa Lito, xefe e cantante da orquestra, anunciara na Radio Obradoiro e no Land Rober da TVG.

Este é un dos acto máis importantes que se celebran en Galicia e un dos máis importantes para Panorama, a parte da festa para fans que celebraron o 3 de abril en Caldas, festa na que eu tamén estaba presente.

Todo estaba previsto para que comezara ás 23:00 pero, coma sempre, deixáronnos a todos os seus fans en vilo ata as 23:30.

Primeiro, Roberto Vilar, presentador do Land Rober, comeza presentando a gala, aínda que ninguén o escoitou xa que non se oía dende abaixo, só vimos as imaxes nas dúas pantallas que estaban ós dous lados do palco. Polo medio, unha pasarela situábase entre o público, á que eu conseguín achegarme de todo, así podía ter unhas vistas privilexiadas. Cando remata de falar Roberto Vilar, ábrese o telón e comezan representando un pequeno fragmento de "Matrix", como fan sempre en todas as súas actuacións do Planet Tour 2011. E a continuación comezan forte co seu mítico temazo de "Cómo está el Panorama".

Este ano trouxeron a Malú, que nos cantou coa maravillosa voz de Lydia a canción de "Aprendiz", e que tamén cantou "Blanco y negro" do seu novo disco; Merche con "Si te marchas" e con Lydia e Dunia "Eras tú"; Pitingo, que cantou con todos "Lucha por su dinero" e "Killing me softly"; Carlinhos Brown, que nos cantou moitas cancións, entre elas "Maria Caipirinha" con todos, "Tantinho", e máis; Cherito cantou con todos a famosa canción de "El pedazo" e "No sé donde"; La Guardia con Melocos e co artista máis grande do mundo, cunha voz asombrosa, con Jorge "Cuando brille el sol", entre outras; Melocos cantounos con Lydia e Dunia "Cuando me vaya"; Robert Ramírez cantou con Lote, o guitarrista de Panorama e voz principal de Algo pasa con Perry, grupo do que xa falara nunha das miñas antigas entradas, "Sick of love" e "I´m a number"; Ana Torroja cantounos con Dunia a bonita canción de "Hijo de la luna", un remix con todos das súas antigas cancións en Mecano e o seu novo tema "Sonrisa"; Cantareiras de Ardebullo que non podía faltar, facendo unha auténtica comedia, elas fixeron dúas aparicións na noite, chegaron cando puideron, xa que antes tiñan que ir a Luar; e como presentador de luxo, Roberto Vilar, como xa nombrei antes, que fixo con eles o "Waka waka de tráfico", no que Touriñán tamén participou. No video que vos puxen tamén sae o baile do azúcar, co que Panorama cada noite nos fai rir, pasalo ben un pouco e movernos, claro.
 
Pero para canción, a canción que sacou este ano a orquestra Panorama, "Ya no me quiero enamorar", un temazo, incrible, encántame, seguro que a vós tamén. E cómo non, un bo tema é tamén a canción que presentaron o ano pasado na III gala contra o cancro "Dale al boom boom", que decidiron incluír, tamén, este ano no seu repertorio no segundo pase. Panorama foi a primeira e polo momento a única orquestra que introducíu cancións propias no seu repertorio, xa que sempre foi a primeira en case todo, en innovar, en introducir o espectáculo na verbena... e así conseguir que a xente xoven e non tan xoven volvera ás verbenas, facendo así que a verbena sea tan grande e tan importante en Galicia, porque eles fannos grandes e que se nos coñeza grazas a eles. Porque con este boom na verbena galega conséguese, tamén, a parte de que eles crezan, que todo o que os rodea tamén, coma o resto de orquestras, as empresas de espectáculos (Espectáculos Lito, Sito MariñoAlfa 3...), os talleres onde fan os escenarios... E o máis incrible é que todo isto o conseguiron eles sos.

Non teñen desperdicio, se tocan preto da vosa vila, anímovos a velos porque non teñen igual.
Aínda que foron moitos artistas, creo os verdadeiros artistas da noite e os máis grandes foron Panorama, sen eles isto non sería posible, e milleiros de persoas non estaríamos alí esa noite nin pasaríamos ese bonito momento con eles. E ademáis colaboran cunha cousa moi nobre, a loita contra o cancro, porque venden o seu traballo para axudar a AECC. Ese día venderon os DVDs do ano pasado e as camisetas novas. E todo o que conseguen coa venda o reparten por navidades cos nenos con cancro, este ano pasado foi no Hospital Materno Infantil de Pontevedra. O DVD que saquen este ano, que será o da II gala contra o cancro do 2009, a camiseta e o CD tamén os venderán durante todas as súas actuacións do Planet Tour 2011 en frente ó panel de control. Se queredes axudar contra o cancro, mercade un destes artículos, xa que ademáis de axudar levas o gran traballo que só Panorama sabe facer tan ben para a túa casa. Asegúrovos que o DVD, o CD e a camiseta son magníficos, coma sempre, coma todo o que fan, porque eles fan as cousas con empeño, esforzo e moito, moito traballo, porque saben que iso é a base do éxito. E ademáis, o novo CD que van sacar en xullo, anuncia Lito que a maioría das cancións que teña serán propias deles.

Aquí vos deixo tres vídeos con cancións que están moi de moda, seguro que vos gustan.
































Para o próximo ano hai que ir porque non é o mesmo velo en directo que leelo aquí. Espero que vos gustara.

E digan o que digan... sempre PANORAMA!