Fai click aquí! |
Todos estes elementos configuran unha paisaxe que semella normal, pero que nos días do festival revoluciona a parroquia: córtase o tráfico na estrada principal, as charangas e a música toman a rúa, coordínanse co cura os horarios das misas e os veciños colgan nos balcóns das súas casas un emblema que locen con orgullo: o famoso “can amarelo”, o gran símbolo que agora identifica a parroquia e ao seu festival.
Celébrase dende o 18 ata o 21 de maio, durante estos días, Cans convértese no epicentro do terremoto cinematográfico mundial, con ou sen permiso do seu medio irmán francés, o Festival de Cannes, co que sempre coincide en datas. Fronte á sofisticación e o glamour da Costa Azul, o festival de Cans galego e todo o contrario, xa que, a xente ofrece grandes doses de naturalidade e
agroglamour.
Cans é unha gran festa, na que todo o mundo goza: os que veñen de fóra, porque asisten alucinados ás proxeccións nos alpendres e nos jalpóns, e os veciños porque contemplan con grata sorpresa como a súa aldea se revoluciona. Pero todo sempre con sentidiño. - E se queredes ver máis información premede aquí. |