.
Quenes as escriben son mulleres ou nenas, e as enviaban aos seus mozos e aos seus familiares xa que non vivían con eles, algunhas das rapazas non sabían si os seus homes estaban vivos ou se estaban mortos.
Está basado na época de Franco, cando estaban na guerra civil Española.
Os mozos íanse á guerra e as rapazas quedaban soas, ou con seus fillos e non sabían nada deles.
Algunhas mulleres inmigraban para outros países pola pobreza de España en aquel momento.
O libro gustoume moito. Foi moi emotivo e fíxome pensar un pouco nas xentes doutros países, o mal que o están a pasar por non ter recursos suficientes para unha vida. As cartas fixéronme reflexionar sobre os casos como a guerra, a tristeza ou a falta de liberdade que sofren estas mulleres.