18/05/11

¡Asustate, Merche!

 

Hai uns días rematei o libro ¡Asustate, Merche! narrado por Fina Casalderrey. É un libro no que unha rapaza de quince anos, que nunca se lle habia pasado pola cabeza a palabra "namorarse" fai unha viaxe a Europa con outros rapaces, onde descubre o amor. Nesa viaxe non só descubre o amor, tamén encontra unha mellor amiga, a cal ten moitos problemas familiares, que ninguén sabe.

Auria é a protagonista deste libro , no cal, nalgúns dos seus capitulos esta escrito en forma de diario (chamado Merche) no que Auria conta a súa situación actual, como descubrio o amor, como lle vai na casa, coas amizades...


Este libro tívome moi entretida, pola historia que conta, pola viaxe deAuria, na que ao voltar non só tivo os recordos borrosos na memoria, ou esquecidos nun papel,na que os puido ter todos os días consigo eses recordos,xa que na viaxe encontrou a súa mellor amiga e un mozo. Pero co paso dos meses as cousas complicáronse Auria descubriu unha noticia no xornal que estivo a piques de levala ao suicidio, e descubriuo cousas na vida Frida( a súa mellor amiga) que fixolle darse de conta de que ela non era a única que tiña problemas. A súa vida na casa tamén cambio; a nai comezou unha relación con Salvador, o profesor de relixión do instituto e o monitor que foi con eles a viaxe.


Se queres saber cal é a noticia que case leva a Auria a morte, tes que rematar de leer tí o libro.