Esta vez lin este libro, chamado "Alfagann e Flanagan" de Andreu Martín. Aconselloumo unha compañeira da clase.
Aconsella ben xa que, o libro trata de aventuras e, pódese dicir, que un pouco de misterio e iso gústame, a parte das que tratan de amor.
No libro fala dun neno que gústalle iso de ser detective e fala tamén dunhas tres rapazas coma top-models chamadas as " Corpos Dez ".
O rapaz non tiña moito contacto con as Corpo Dez, aínda que un día cando unha delas, chamada Nieves, desapareceu e a policía e o pai da rapaza mándalle investigar sobre o caso dela.
Parecía unha nena moi tranquila e non tiña a mínima intención de iniciar relación con ninguén, parecíalle raro. Aqui déixovos coa íntriga desta parte do libro.
Noutra parte do libro faime moita gracia o pai do "detective" xa que, primero di que é moi pequeno para ser aínda un e que todo que tivera que ver cos detectives era una tontería e logo, pídelle investigar como, onde vive, de onde ven... o mozo da súa irmá. Así foi onde o pai, cada día, preguntáballe ao neno informacións novas.
Se queredes saber como segue a parte da desaparecida, tedes que ler o libro.