13/04/11

O inferno de Marta

Trata dunha moza de 22 anos que vive coas súas mellores amigas en Valencia. Alí coñece a un mozo chamado Héctor, aparentemente moi simpático. Facía un tempo desaparecera unha moza da súa mesma idade no pobo do que era ela, chamada Isabel F. que aos poucos días aparecera morta. Héctor acompañábana a todas partes e comezou a pasar menos tempo coas amigas.

Unha noite que saíron a unha discoteca, Marta como non pasou moito tempo con el, Héctor enfadouse e cando a volveu a ver a colleu polos pelos e comezou a discriminala diante de todo o mundo. Marta enfadouse con el pero  aos dous días Héctor chamou á porta, tiña un ramo de flores e contoulle que todo fora por culpa do alcol.

Despois diso o día a día de Marta eran constantes peleas e gritos. Ata cando será capaz de soportalo?
O libro encantoume, pero ten partes un pouco duras, fíxome ver como é a vida real dunha persoa maltratada.