Xosé Neira Vilas (escritor e fillo de labregos), naceu en Gres, Vila de Cruces o 3 de novembro de 1928.
Como a súa infancia a pasou como labrego, inspirouse para escribir o seu libro "Memorias dun neno labrego".
"Memorias dun neno labrego" é o libro máis lido na historia da literatura galega que está traducido as linguas máis faladas.
Publicouse en Arxentina en 1961 pero foi escrito no segundo semestre de 1960. Nela, Xosé Neira Vilas, quería transmitir como era o estilo de vida nos anos corenta dun rapaz labrego de doce ou trece anos nunha aldea galega chamada Gres, en Vila de Cruces que ten que loitar contra a pobreza e as inxustizas da sociedade galega. E o libro empeza así:
-Eu son Balbino.Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre.
Luís Seoane amosou o seu interese pola obra e fixo un debuxo para a cuberta da primeira edición.