26/04/11

Lovely Pepa.♥


Hai xa bastante tempo sigo varios blogs de moda porque danme moitas ideas para convinar a miña roupa. O que máis me gusta chámase Lovely Pepa.

É unha páxina web onde unha rapaza de Vigo de 23 anos  chamada Alexandra colga fotos no seu blog a diario con distintos modelos de roupa que sempre os combina con complementos. Da moitas ideas sobre como variar os looks de cada día.

Ela está moi solicitada, chámana de moitos sitios para facer traballos relacionados co mundo da moda. Alexandra ademáis disto está estudando Dereito Económico. Saiu varias veces na Voz de Galicia e tamén en revistas de moda. Ela tamén consulta moito outros bloggs e o estilo  dalgunhas famosas dos que saca moitas ideas. 

Nunha das entrevistas que lle fixeron preguntábanlle que porqué non utilizaba o galego nas súas entradas xa que só utiliza o castelán e o inglés. E respondía que se basaba na habla hispana e inglesa xa que son as máis utilizadas no mundo e que evidentemente hai outros idiomas, pero teñen menos repercusión, senón sería imposible contentar a todo o mundo nese aspecto e remataba dicindo , " pero profeso un gran amor polo noso idioma e a nosa terra " .

Ten unha cadela que se chama Pepa de ahí o nome do seu blog.
Paréceme unha rapaza estupenda , encantadora, simpática e por suposto ... RIQUIÑA♥ . Eu a admiro moitísimo e encantaríame poder chegar a coñecela algún día.
Recoméndovos a todas que visitedes o blog de Alexandra.