14/04/11

GALEGOFOBIA

Julia Otero quéixase da ausencia do galego na apertura do Marineda City

>> "Me sorprende que en un acto social de esta envergadura no se diga ni una palabra en gallego", dixo no seu twitter

>>  A xornalista galega participou na campaña de promoción do novo centro comercial da Coruña 

A xornalista galega Julia Otero queixouse na súa conta deTwitter de que a lingua galega non estivese presente na inauguración do novo centro comercial da Coruña, Marineda City.
A periodista, que participou na potente campaña de promoción do novo espazo comercial, foi clara nas redes sociais. "Me sorprende que en un acto social de esta envergadura no se diga ni una palabra en gallego", escribiu só uns minutos despois da súa participación o pasado xoves na apertura do Marineda City, o centro comercial máis grande de España.
A nula presenza do galego nas campañas publicitarias foi duramente criticada por algúns colectivos, que lanzaron unha campaña a través de Internet para solicitar aos responsables do centro comercial que empreguen o galego nas súas comunicacións.
"Falan... En la intimidad", respondeu con ironía Julia Otero no Twitter cando alguén lle preguntou pola inexistencia do galego en Marineda. Na inauguración oficial do xoves, a conselleira Beatriz Mato empregou a lingua propia para dirixirse aos asistentes, aínda que se limitou a dicir "boas tardes" ás autoridades. O delegado do Goberno,