Este libro que se creou en 1961, foi un gran best-seller ata agora, xa que foi traducido a moitos idiomas.
Xosé Neira Vilas xa foi homenaxeado o cinco de xaneiro polo 50 aniversario do libro Memorias dun neno labrego, pola editorial Galaxia que sacou unha nova versión da obra. Feita polo pintor Luís Seoane.
Tamén, na Coruña farán unha exposición de Memorias dun neno labrego en todos os museos das bibliotecas da cidade.
Agora vouvos falar un pouquiño máis deste escritor:
O 10 de febreiro de 1949 chegan ó porto de Bos Aires centos de emigrantes, entre eles encóntrase un mozo de 20 anos nacido en Gres, o 3 de novembro de 1928, Xosé Neira Vilas.
Vai a escola de xornalismo da escola nacional de Bos Aires.
En 1953 crea as "Mocidades galeguistas" e edita a revista “Adiante".
No ano 1956 forma parte da comisión organizadora do "Primeiro congreso da emigración galega en América".
En 1957 casa con Anisia Miranda, escritora cubana, filla de galegos. Pouco despóis funda, xunto José Antonio Portuondo, a "Seción galega do instituto de literatura e lingüística da academia de ciencias de Cuba". Alí ensínase a lingua e cultura galegas.
Visitade a fundación Xosé Neira Vilas.