O venres pasado tivemos unha conferencia no ies elviña con Pedro García Aguado, cando me enterei de que ía vir parecíume unha boa idea traer a esta persoa por parte do AMPA. Fíxome moita ilusión porque adoito seguir os seus programas, os cales me parecen interesantes. Neles desarrolla un papel importante axudando a corrixir malas conductas.
Durante a súa charla, contounos as súas vivencias persoais dende a súa caída no mundo nas drogas. A raiz da súa expulsión no equipo de waterpolo no ano 2003, douse conta de que tiña un grave problema e que tiña que afrontalo cun tratamento.
Tamén nos comentou como afronta os casos máis difíciles nos distintos programas de televisión (Irmán Maior, O Campamento). Con humildade trata de reconducílos por bo camiño e axúdaos a saír da situación na que se encontran.
Resaltounos que nunca hai que renderse senón que hai que loitar para conseguir o que un se propón.
Actualmente conta con tres libros:
No que nos ofrece distintas pautas para lograr entender ós xóvenes e así tratar de axudalos no seu desarrollo.
Relátanos o día a día desta personaxe mentres estivo sometido a tratamento para superar a adicción.
Cóntanos a vida en primeira persoa deste deportista de elite que durante anos compaxinou a súa carreira de medallista olímpico cunha forte adicción á vida nocturna e ó consumo descontrolado de alcohol e drogas.