O Día da Terra naceu en 1970 cando o Senador norteamericano Gaylord Nelson convocou a primeira protesta nos EE.UU. contra a polución. Celébrase cada 22 de abril, e a partir de 1990 outros países decidiron comemorar regularmente esta data.
O Día da Terra é unha festa que pertence á xente para chamarmos a atención sobre a degradación dos recursos naturais e sermos conscientes da nosa capacidade para poñer freo ás agresións sobre o planeta.
Debemos ser conscientes de que a Terra se está degradando pouco a pouco e é necesario que nos poñamos mans a obra, non fiquemos impasibles ante ás desfeitas que cada día acontecen no planeta. Porque a Terra está nas nosas mans,
axudemos a curala!
- No Día da Terra todos estamos invitados a participar en actividades que promovan a saúde do noso planeta, tanto a nivel global como rexional e local.
O lema deste ano é: UNIDOS POR UN MUNDO MELLOR.
- Fai click aquí para ver un vídeo: nOn é un planeta... é O nOsO fOgar