16/03/11

Siniestro Total, é merecedora?

Siniestro Total é un grupo galego de Punk-Rock que naceu en Vigo en 1981 pero este non tivo fama ata comezos de 1983.Este grupo ten moito mérito por seguir hoxe en día en pé porque, entre os integrandes, houbo uns cantos altibaixos.
O día 1/3/2011, Siniestro Total, publicou un escrito na súa paxina web no que decía que eles non eran merecedores a tal nomeamento 'Mellor Canción en Galego' devidoa que pensan que o merecen máis outros grupos que teñen toda a súa carreira en galego e eles só un par de cancións na nosa lingua.
Moita xente comentou neste escrito demostrandolle ao grupo o amor e o cariño que lle teñen e que os apoiarán no que sexa.
Eu penso que foron moi acerados na súa decisión porque se eles pensan que non o merecen e porque ainda non se ven capacitados para gañar ese premio e que outros grupos si que o están.
Se é eso o que queren hai que respetalo,OU NON?

Deixade un comentario coa vosa opinión, por favor.

  • Preme aquí para ver unha das súas cancións.
  • Aquí vos deixo unha noticia falando do seu video en 3D.
  • Letra da súa canción "Galicia gran carallo de sal" onde Siniestro Total demostra apoiar a nosa lingua.