máis fotos: AQUÍ |
O primeiro día foi un dos máis aburridos xa que pasamos 10 horas no autobús, menos mal que os alumnos do instituto de Curtis que tamén ian á neve viñan connosco alegraron o ambiente con cancións e demáis...Cando chegamos o hotel xa era de noite, polo que nada máis chegar xa fomos cear.
O día seguinte levaronnos a estación de Candanchú, (que estaba case sen neve), e un instructor ensinounos os conceptos básicos do esquí. Pouco a pouco ( despois de duras caídas) fomos aprendendo e cada vez iamos a pistas máis complicadas, aínda que non todos, debido ós seguintes motivos: non se atrevían, atopabanse mal, non tiñan ganas... quen sabe... o medo é libre! o último día só esquiamos 4 contando comigo.
O esquí estivo moi ben pero o mellor foron as noites, pasandonos dunha habitación a outra, comendo e bebendo todo o que tiñamos na neveira. E non me podo olvidar dos de Curtís e da súa típica frase ``a cabeza non para´´. Ás veces viñan á nosa habitación e nos contaban cousas da súa vida e algunha que outra fechoría . Eles falaban en galego e ao estar tanto tempo con eles nolo pegaron e acabamos falando todos galego.
Tamén visitamos as Covas de Villanua, onde un guía nos foi explicando cousas sobre ela. As covas formaronse a causa dun río subterráneo que pasaba por aí hai moito tempo. O máis impresionante das covas foron os picos de xeo que colgaban do teito, que che facian pensar que pasaría se caese algún.
O que si me gustaría é que mellorasen a comida do hotel, xa que provocoume dores de barriga que me quitaban as ganas de facer calquera cousa, pero a moitos pasaballes o mesmo. Cando estás fora da casa é cando te das conta do ben que estás nela.
Resumindo, foi unha gran experiencia ( salvo ese incidente) e recomendaría que fosedes todos. Total a excursión non vale moito, se vendes moitas rifas saeche gratis coma a min.