03/03/11

Seguimos co... Conto viaxeiro

Laura vive con Dunia e Jacko, os seus pais, nunha gran casa do Grove. Un día, Dunia marcha de casa e ninguén sabe dela, todos están preocupados. Laura emprende unha longa viaxe en busca da súa nai, na que Lidia, a súa coidadora terá unha gran importancia, xa que lle axudará a Laura a descubrir un gran segredo oculto da súa nai...






 ...O primeiro que tiña que saber agora era onde estaba mamá. E ocorréuseme a brillante idea de mirar no seu escritorio. Alí encontrei a libreta onde organizaba todo o que ía facer día a día. Pero só poñía: ABBA 00:00, pero si atopei un mapa de España. Nel viña unha ruta dende O Grove, a nosa casa, ata Blimea-Asturias. O primeiro que pensei foi que alí era onde estaba a miña nai, fixen a miña pequena maleta e marchei sen explicación, xa que ela fixera o mesmo. Collín a bicicleta e emprendín a viaxe.

Chegou a noite e precisaba pasar nalgures a noite. Axiña vin un cortello coa porta aberta e non o pensei dúas veces.

Ó día seguinte levanteime noxenta, pero seguín coa viaxe. Cando xa me cansara parei a facer auto-stop. Esperei dúas horas, cando parecía que ía parar alguén, resulta que era Lidia! Cómo sabía onde estaba eu? Meteume dentro da furgoneta e non dixo nada ata que paramos pola noite nun hotel á altura de Xinzo, e dixo:

-Tiveches bo peito para chegar ata alí ti soa en bicicleta, nena.

-Si, pero como sabías onde estaba?

-En realidade non o sabía moi segura, pero eu tamén tiña que ir a Blimea.

Produciuse un silencio incómodo, e eu non quixen interrompelo. Pero despois lle preguntei:

-Non entendo, onde está mamá?

-Ti tranquila, eu coidarei de ti.

Esa resposta deixoume aínda máis preocupada e inqueda, e non me deixou durmir durante toda a noite.

Lidia levantoume cedo, xa que tiña moita presa en chegar a Blimea. Polo camiño chamoume meu pai, e acordeime de que debería de estar preocupado, díxome:

-Laura, tesme moi preocupado, pero aghora tes que escoitarme atentamente:

El estaba gritando, polo que facía un barullo tremendo o móbil.

-Estou en Agholada, tranquila, Tobi está comigho. Por serto, xa sabes onde está mamá? Ah!, e quería disirte de que Lidia tívose que ir porque lle ofreseron un chollo mellor noutra casa. Tranquila! tranquila! Mandei uns amighos que che van ir buscar, Lote e Giorgio, xa te traen eles á casa, vale. Por serto, onde estás?

-Papá, cálmate, escoita, estou preto de Xinzo, e...

-Nena, teño que colghar!

Pi-pi-pi-pi-pi...

Pero que está a pasar? Da igual, o único que tiña en mente agora era chegar pronto a Blimea con mamá. Ademáis, de Lidia fiábame, xa que antes de que eu nacera xa lles ía limpar a casa ós meus pais.

Chegada a noitiña xa chegáramos a Blimea. E non sei por que, Lidia parou diante dun banco a esperar. De súpeto, chama de novo meu pai:

-Nena, vou cara alá, estou cheghando, xa estou en Oviedo, ireite recoller, e tamén fixen un cambio de plans, levareite comigho a Alemaña. Túa nai non é un bo exemplo pra ti. Teño tamén aquí pra facer un cosido, o que máis te ghusta, xa verás que rico vai estar.

-Papá, estás tolo, de que me falas? non sei nada do que está pasando...

Lidia interrompeume e dixo: "Laura, non fagas moito caso do que di teu pai, coñézoo demasiado e Jacko non é o que parece".

-Nena, vou ter que colghar outra ves. Giorgio e Lote tamén están serca, virán connosco a Alemaña...
Nisto óese un boooom!!! tremendo. O móbil cortouse, tiña medo de que lle pasara algo ó meu pai.

Seguimos esperando e de pronto vemos que chega unha muller cunhas medias na cabeza... unha ladroa que entra no banco. Lidia sae da furgoneta e saca unha pistola de debaixo da alfombrilla. É policía? Polo lonxe vese chegar un home coa roupa desfeita e correndo cunha vitalidade incrible cara a nosa furgoneta, era o meu pai. Métese no banco ó ver a Lidia e dille: "cariño". Cariño? Que raios significa isto? Estiven por saír correndo desta casa de tolos. Meu pai dalle unha aperta fortísima. E outra vez, polo lonxe, vese chegar un coche con dous homes e detrás, un tractor. Os dous homes entran no banco e un deles con pistola. Cando o home da pistola ve que meu pai está bicando a Lidia lánzase a el. Lidia mentres tanto non perde o control e ameaza á ladroa. Papá sóltaa e di:

-Giorgio, p-pero que fas aquí?

Aí descubrín que eran os seus amigos.

-Qué fas ti coa miña moza? -Contesta Giorgio-.

-Túa mosa? -Di papá-.

Lidia ve a Lote e ameázao tamén a el coa pistola.

-Ti, ti, ti es un moinante, tiñas que estar no cárcere xa fai moito tempo. -Di Lidia-.

A ladroa atrévese a falar.

-Ti Jacko, ti qué fas con Lidia?

Era a voz da miña nai!

-Mamá! -Gritei eu-.

-Nena, perdoa falleite. -Di miña nai, Dunia-.

De pronto, Tobi e mais un porco chegan correndo. Detrás deles un vello baixa do seu tractor e lle berra a papá chamándoo ladrón.

-Giorgio, eu quérote a ti e non a este porco traficante de Jacko, que parece ter moi boas migas co teu amiguiño Lote... -Di Lidia-.

-Estásme dicindo que Lote é como el, como Jacko? -Di Giorgio-.

-Mangante, enganáchesme toda a vida langrán, túas saídas de semanas, teus chanchullos... -Di mamá-.

-Si, Laura, pero tranquila, ela non é a túa nai, pero por desgracia Jacko si. -Di Lidia-.

-Eu quero ó meu porco e quero unha disculpa! -Di o vello do tractor-.

-Pois cólleo e marcha dunha vez! -Di Lidia-.

-Lidia, como puideches facerme isto, eu non o merecía. -Di Giorgio-.

-Síntoo, eran outros tempos, e eu, eu non sabía o que facía, por favor, Giorgio, eu queróte. -Di Lidia-.

De súpeto, chega outra patrulla de policías mentres todos comezan a gritar e pelearse. Deteñen a papá e a Lote, o amigo de papá, por traficar con drogas. Tamén levan a "mamá" ou a Dunia por ser unha perigosa ladroa. O vello marchou co cocho co que papá prometeu facer un cocido. Lidia, Tobi e mais eu metímonos na furgoneta. Lidia díxome que en realidade eu era filla dela e de papá. E que a papá víñanlle seguindo dende O Grove aquela patrulla de policías. E ela tamén sabía que "mamá" ou Dunia ía vir roubar aquí porque leu na libreta esas estanas letras e números: Asalto Banco Blimea Asturias, ás 00:00 horas. E que tamén investigara noutras cousas súas para saber o que ía facer hoxe. Lidia tamén me contou que estaba na nosa casa de infiltrada durante todo este tempo. Giorgio meteuse na furgoneta con nós e bicou a Lidia, xa que eran parella e el tamén era da policía segreda. Agora viviría con Lidia, miña verdadeira nai e con Giorgio, o seu mozo.