26/03/11

Poemas na biblioteca

O outro día fomos á biblioteca, e alí esperábanos Dores Tembrás. Díxonos palabras para xogra con elas e sacarlle todo o significado e sentimento que tiñan e facer un pequeno poema

A min tocoume a palabra luz, que fixen unha estrofiña:
Perder a esperanza é o que normalmente fago, a túa luz se me alcanza acéndeme cando me apago.

Pólvora e ollos:
Os teus son a chispa que fan que eu explote

Pedra e palabras:
As poden ferir como as pedras

Astros e nós:
Somos os astros que iluminamos o escuro planeta

Luz e día:
A luz que dame esperanza cada mañá

Cambio e vivo:
Sei que sigo vivo, porque cada día dou un cambio

Música e mans:
Cando toco as túas mans todo é unha melodía.

Porta:
A porta está aberta, pero non teño vontade de pasala.