Charles Robert Darwin veu ao mundo en Shrewsbury (Inglaterra) no 12 de febreiro (1809). O seu pai era médico e a súa nai, a filla maior do millonario fundador das porcelanas Wedgwood.
Ao longo da súa infancia Darwin mostra moito interese pola historia natural e por coleccionar de todo: cunchas, ovos de paxaro, minerais, insectos, …
Con 22 anos Darwin enrolouse como naturalista sen paga no «Beagle». Non era un científico experto, pero o capitán FitzRoy aceptouno porque precisaba dun cabaleiro inglés para conversar.
Na viaxe, Darwin tivo dúas guías: a súa curiosidade e mais a lectura de modernos tratados científicos. Así descubriu unha natureza exuberante, con infinitas formas de animais, plantas e fósiles. Ficou engaiolado en cada etapa dun percorrido de 5 anos ao redor do mundo. Xa nunca deixou de matinar na variabilidade das especies.

Darwin publica a súa teoría no libro “A orixe das especies” en Novembro do 1859. Sabe que a evolución se produce porque todos os individuos dunha mesma especie son lixeiramente diferentes, pero aínda non sabe a causa desa variedade.
Darwin publica "A orixe do home" (1871), a súa segunda grande obra, na que aplica a teoría da evolución á especie humana. Afirma que os humanos temos antepasados comúns con chimpancés, gorilas e outros simios actuais. E anticipa que deberán aparecer fósiles en África que o demostren. Ademais, fala das diferenzas entre as razas humanas; pero destaca as súas similitudes, afirmando que todos somos dunha única especie.
En 1585, Alfred Russel Wallace envía un ensaio a Darwin no que expón as mesmas ideas sobre evolución que tiña el. Isto fai que acelere a publicación da súa teoría.
O día 19 de abril do 1882, Charles Darwin morre dun infarto. Como recoñecemento á excepcionalidade da súa obra é un dos cinco personaxes do século XIX non pertencentes á realeza do Reino Unido honrado con funera de Estado. Está enterrado na Abadía de Wesrminster, preto do físico Isaac Newton e o astrónomo John Herschel.