23/03/11

A noite que Wendy aprendeu a voar.

Todo o que levo de curso, lin só un libro, chamado: "A noite que Wendy aprendeu a voar" do autor Andreu Martín. A verdade e que está moi interesante, ao principio non tanto, pero xa levado unhas páxinas o libro vai gustando cada vez máis. Ten moitas aventuras e intrígalle a calquera que le o libro.
O libro trata dunha xoven policía chamada Wendy Aguilar, a que acaba de deixar o seu mozo, Roger Dueso porque el estaba namorado de Andrea Pasqual, a policía de Homicidios. Unha videnta lle dixera a Wendy que ós vinte e tres anos, ía morrer e o día no que cumpre os anos é o día no que sucede todo.
Os policías investigan un homicidio, que leva a moitos misterios.
A moza policía enfróntase con asasinos perigosos, terá que correr, loitar, facer uso da pistola e coñece a valentía, cousa que ela non se imaxinaba.