18/03/11

A miña banda preferida



Linkin park é unha banda estadounidense orixinaria de  Agoura Hills, Los Angeles, California. O grupo componse dos seguintes cantantes: Chester Bennington, Mike Shinoda, Brad Delson, Joe Hahn, Dave Farrell e Rob Bourdon. O seu estilo é unha mestura entre rap, rock e metal .


Os comezos da banda comezaron con Mike Shinoda e Brad Delson montando un pequeno estudo onde gravaron o primeiro material da banda en 1996. Os dous foran xuntos ao instituto, onde coñeceron ao batería do grupo, Rob Bourdon . Shinoda contactou co dj Joe Hahm cando estudaba ilustración no Art Center College de Pasadena. Nese momento, denominábanse Xero e gravaron varias demos. Nunca conseguiron un contrato e o proxecto non prosperou. Entón Mike decidiu contratar un vocalista.
Conseguiron a Chester Bennington, natural de Arizona.Despois de vir Bennington, o grupo chamouse Hibrid Theori (a idea vén da mestura de diferentes estilos que querían unir, con todo, debido a un problema de marca rexistrada cun grupo chamado Hybrid, víronse forzados a cambiar de nome outra vez. Bennington suxeriu Lincoln Park, por onde pasaba co coche ao volver dos ensaios. pero o dominio "lincolnpark.com" custaba máis do que a banda podíase permitir, así que cambiaron a ortografía a Linkin Park.

Na actualidade sacaron os discos: Hibrid theori, (disco debut) Meteora, Minutes to midnight e A thousand suns.

    Videos: 1 2 3 4 5 6 7 8 9