04/03/11

Libre de alcol, libre de preocupacións

Así é a frase que se intenta achegar a todos os mozos e mozas, que cando beban non collan o coche. E aínda que xa se reduciu nun 34% o número de mozos mortos na estrada, aínda non basta, xa que ninguén debería morrer tan xoven só por pasar unha boa noite. Todos o podemos pasar ben sen beber. Por iso tamén se impulsa a idea ter un conductor alternativo.

En emerxencias, este pasado ano 2010 atenderon a 1.446 feridos de accidentes de tráfico. Neste ano xa van 26 mortos nas nosas estradas, e pese á porcentaxe de disminución deste tipo de accidentes, na provincia de Pontevedra aumentou un 40%.

Tamén, a Xunta de Galicia, crea eventos para concienciar á xuventude, como o deste pasado ano 2010, en Cambados, na praza de Fefiñáns, celebrouse unha festa en honor a esta causa, na que participaron as orquestras Panorama, Costa Oeste e Philadelphia. As que tamén se uniron a esta causa e intentan loitar por isto, xa que en parte, son algo culpables, xa que como dixo Lito, cantante e xefe da Panorama: "Nós en parte tamén somos os causantes desta desgraza, xa que os rapaces, ó volver as festas, tamén volven beber".

Icono de Condutor.alternativoDurante uns meses antes, estas orquetras repartiron camisetas citando a festa que se celebraría o pasado 31 de outubro en Cambados. Neste día, Jabon blue, tamén estiveron invitados, e cantaron o seu tema "Con flores en la carretera".

Eu penso que ten unha letra moi boa, gústame bastante, e aínda que non sexa en galego, pois, qué máis ten? se total, o caso é dar esa mensaxe aos mozos. E se queren apoiar ós grupos galegos, que o fagan con concertos, dándoos a ver, poñendo á venda en máis tendas os seus discos... Como fixeron tamén en Cambados, onde unha carpa da Xunta de Galicia regalaba CDs de músicos do Grove, aínda que se olvidaron dun grupo moi bo, e tamén do Grove, que se chama "Algo pasa con Perry". Na que dous dos seus compoñentes son tamén de Panorama: Lote, guitarrista da Panorama e vocalista de Algo pasa con Perry, o segundo mozo á esquerda; e Giorgio, baixista da Panorama e deste grupo, o primeiro mozo da esquerda. O grupo aínda está en proxecto, pero xa están actuando polos bares do Grove, como o de Escali.

E que a canción da campaña contra o alcol sexa en castelán non quita de que apoien a estes grupos por outra banda.