13/03/11

A Coruña ou "La Coruña"

Isto é como o que dicía antes de cambiarlle outra vez máis o nome á rúa Picasso. Isto é ser un indeciso, ademáis de desprezar o teu.

Nestes días, nas paradas de autobús da cidade da Coruña estase a cambiar os nomes de sitios como A Zapateira por "La Zapateira", ou As Xubias por "Las Jubias". Igual que levan facendo moito tempo con A Coruña e "La Coruña".

Digo eu, se isto se fai pola xente que non entende galego, pois que aprenda os nomes das rúas aínda que só iso sexa, en galego. Falar é unha cousa, que é básico para entenderse, pero o nome das rúas da igual que llo digas en inglés coma en chino. E se estás na Coruña, en Santiago ou en Caldas... se supón que os nomes das rúas, cidades, vilas e pobos terán que estar escrito en galego. Porque en Cataluña fante o mesmo ou peor, porque aínda son capaces algúns de que ti non sabendo caltalán, eles falarte no seu idioma.

Non me estrana de que as de Ardebullo falen tanto dos da Coruña, parece que non somos galegos. E aínda por riba a algúns lles parece moderno falar castelán e se sinten máis importantes, pero as persoas máis importantes e que chegan a lonxe son as que coidan do seu, porque sempre terán algo máis.

E outra cousa, agora o que non sabe galego é, con perdón, inútil, porque ata os que veñen doutras comunidades españolas a traballar a Galicia lles obrigan nalgúns traballos a aprender galego e incluso lles dan clases de galego.

Agora, un 44,4% aproximadamente dos galegos fala só galego, un 19% fala máis galego que castelán, un 18,2% fala máis castelán que galego e un 18,5 fala só castelán. En opinión, a min paréceme pouco, e espero que a taxa dos que falan máis galego que castelán medre.