Ao voltar do colexio, levei unha agradable sorpresa, o cheiro que saía da cociña lembrávame ás comidas tan boas que facía Lidia. Foi unha delicia volvela ver, xa estaba cansa de que o meu pai preparara sempre comida precociñada. Deille unha aperta, e dirixinme cara o despacho do meu pai.
Quedeime detras da porta para escoitar o que dicían, a persoa que estaba ao teléfono parecía darlle uns códigos que meu pai anotaba nunha axenda.
A voz del parecía moi temblorosa:
Ten moito coidado raíña, esa xente é moi perigosa.
Quedeime de pedra, con quen falaba era a miña nai. Deime conta porque el sempre se dirixía a ela dese xeito.
Isto que estaba a acontecer era todo moi estraño, seguro que o das aspiradoras é todo unha tapadeira.
Cal será o traballo da miña nai?
Isto tenme pinta de espionaxe...
Non será unha axente secreta?
Terei que investigalo...