Agustín Fernández Paz un escritor considerado o Nobel da literatura para mozos. É candidato ao Premio Andersen. Este galardón da literatura infantil e xuvenil que concede o IBBY cuxo significado é : International Board on Books for Young People. Na Feira de Buloña no 2012 coñecerase se este premio será para Agustín.
As súas obras son moitas. Entre elas está a chamada : A Cidade Dos Desexos que trata dunha panda de nenos que no baixo dunha casa deshabitada fan unha oficina para que a xente vaia e que os rapazas intenten cumplir os desexos que as persoas lles pidan. Teño ganas de ler este libro xa que páreceme que vai estar cheo de aventuras. Outra das súas obras é : Un Tren Cargado de Misterios, trata dunha rapaza que vive nun lugar por onde sempre pasa o tren pero como non hai estación diante da súa casa nunca para. Un día se detivo e o revisor invitouna a pasar, esa viaxe estará chea de aventuras e misterios para ela.
O único que queda é o amor, este é un libro escrito por Agustín, estiven lendo un pequeno resumo e parece estar xenial. O título chamou moito por min xa que encántanme as historias de amor. O libro ten varios capítulos e cada un trata dunha historia diferente. Espero que dentro de pouco poida ter este libro nas miñas mans para disfrutar destas historias de amor.
Aquí déixovos un pequeno resumo sobre o conto e aquí unha entrevista a Agustín que fala un pouco sobre este libro, xa que foi premiado.

Se queredes saber máis sobre Fernández Paz ou das súas obras aquí déixovos o enlace da súa páxina web. Nela tamén atoparedes entrevistas e videos entre outras cousas.