A semana pasada déronme un libro no clube de lectura, que parecía non ter boa pinta pero ao final gustoume moito. Vouvos contra un pouco de que vai.
Kafka soía pasear polo parque Steglitz, en Berlín. Un día, cando daba o seu paseo rutinario, presenciou desde lexos o choro dunha nena desesperada. Non sabía que facer, pero decidiu achegarse para preguntarlle que lle pasaba. A nena que se chamaba Elsi, díxolle que perdera a súa boneca. Para Franz era unha situación nova e para sacala desa traxedia optou por contarlle que a súa boneca non era unha boneca calquera, senón unha boneca viaxeira. E viaxaba porque quería ser máis independente.
Franz contoulle que el era un carteiro de bonecas e adicábase a entregar todas as cartas aos respectivos donos. E que pronto lle entregaría unha a ela. Ao día seguinte, e durante os próximos 13 días, Kafka presentábase no parque cunha carta onde a boneca contaba todo o que facía e onde se encontraba. Na última carta a historia foi contada pola última parella de Kafka, Dora, que viviu os feitos. O mellor amigo de Kafka, Max Brod, non cumpliu coa súa palabra e destruiu todas as obras non publicadas del. E nunca se soubo nada delas.
Recomendo este libro a todos aqueles que comprendan o verdadeiro significado da amizade.