Se falase de ti non pronunciaría
o día en que pra sempre te marchabas.
Agardo que volvas,
que regreses a estas mans e a esta voz.
Percorre cos teus beizos o meu pelo,
non era amor, mais ti falabas delo.
Parece innecesario falar de amos, ás veces,
porque Amor non é delito.
Se apenas sei ollar en cada tarde
as cores que todos chaman ceo.
Constrúo un leito de cravos para cravarme,
nada no amor perdura eternamente
é un proceso de esperar a doerse.
Teño mentiras amarradas á traquea
unha música morna que non dá interompido.
Ás veces digo amor e ninguén fala
e sigo un pouco máis calada.
Recollido de:
Modesto Fraga.
Yolanda Castaño.
María do Cebreiro.
María Lado.
Miro Villar.
Marta Dacosta.
Rafa Villar.
Pilar Paññarés.