O libro trata dunha rapaza chamada Nuria, que ten doce anos e está angustiada pola separación dos seus pais. Para ela iso é un verdadeiro desastre. Cando tivo catorce años e a súa vida foi cambiando pouco a pouco, empezando pola súa nai, que cambiou de arriba abaixo. Unha das fins de semana Nuria e mais os seus irmáns foron á casa de seu pai e cando chegaron alí, Nuria decatouse de que o seu pai non vivía só. Máis tarde chegou Mercè, seu pai dixo que era unha boa amiga e que esperaba que o fose para eles tamén. Pero os rapaces non estaban moi dispostos e ademáis sabían que non só era unha boa amiga eles sabían o que se traían entre mans.
Logo a súa nai atopou un noivo, e o seu noivo tiña un fillo que tiña dous anos máis que Núria, descubre o amor pero non co rapaz que ela cría nun principio, xa que era o amigo do seu irmanastro..