19/01/11

PODEROSA

Conta a historia dunha rapaza de 13 anos que ten o poder de que todo o que escribe coa man esquerda faise realidade.
O seu nome, Joana Dalva, puxéronllo para recordar a Xoana de Arco. Unha das primeiras cousas que intenta arranxar é a separación dos seus pais; ainda que non lle saíu como ela esperaba.
Joana estaba moi namorada din compañeiro de clase chamado Guto, como todas as demais. A avoa de Joana, Nina, estaba moi maliña, e ela cos seus poderes sanouna. Pero a avoa volveuse demasiado nova e deulle por facer toleadas, entre elas, xuntarse con Guto.
Joana aparte de enfrontarse coas súas compañeiras polo amor de Guto tamén terá que facerlle fronte a súa avoa. E para colmo comeza a recibir notiñas dun admirador segredo.