Este libro conta que puido haber unha segunda orixe da humanidade despois do cataclismo funadada por dous protagonistas: Alba, unha rapaza de catorce anos e Dídac, de oito, que tras a destrución de todos os edificios e a morte de todos os seres vivos menos aves e insectos, intentan sobrevivir cos seus propios recursos.
Conseguiron salvarse grazas a que nese momento de destrución estaban no mar. Pero non foron os únicos, tras logas viaxes, descobren que hai máis xente viva, pero pouca.
Os primeiros meses deciden acubillarse nunha fraga, xa que poderían enfermar de estar entre os cadáveres. Pasado un tempo van vivir a casas que non estiveran derrubadas. Tamén intentan gravar toda esa catástrofe e sacarlle fotos para que no futuro se soubera o que pasou. Recollen todos os libros e obras de arte e estudan dos libros todo o que lles fai falla para sobrevivir.
Dídac e mais Alba van crecendo e pensan que deberían ter fillos para continuar a especie. Logo teñen un neno ao que lle deciden chamar Mar.
Pero un día Dídac vai á cidade en non volve. Alba vai en busca del e encóntrao morto. Entérrao e pensa que ao mellor aínda podía ter fillos do seu propio fillo.
E a pregunta é: Estamos aquí grazas a Alba e Dídac? Será esa a nosa orixe?