15/12/10

Fable-The lost chapters

Eu empezei a xogar ó Fable porque mo recomendou meu irmán, pero gustoume moito e en pouco tempo xa estaba viciado ó xogo.

O xogo trata da historia dun rapaz que vivía nun pobo coa súa familia, e tiña que facer un regalo a súa irmá polo seu cumpleanos. Cando llo iba a dar, uns bandidos atacaron o pobo. O rapaz desesperado foi a buscar a súa familia, pero sen éxito, cando un dos bandidos o iba matar un heroe saiu da nada e salvouno. O heroe dixolle que se vengara, e para iso tiña que ir ao gremio de heroes, que era o único sitio donde podían entrenalo. E así o rapaz foi adestrado no gremio nas artes corpo a corpo, a distancia e as máxicas. Pero a medida que avances na historia descubres que tanto a túa nai coma túa irma seguen vivas, pero metidas nalgúns problemas...

O interesante do xogo non é a historia, se non as moreas de cousas que podes facer: casarte, ter fillos, ser propietario dunha casa, emborracharte, ser gordo ou fraco... Pero tamén tes que vixiar as tuas accións, se roubas nas tendas, rompes cristais, axudas a bandidos a asaltar un campamento... o teu aliniamento pasa a ser malvado e saldranche cornos. En cambio se axudas a xente nos seu problemas, as salvas cando están en peligro... volveste bo e empezarache a sair barba.