07/12/10

Como está o Panorama!


Onde vai arrasa, así é a orquestra Panorama, tras vinte e dous anos de existencia, chega a ter o maior escenario de toda España e podería dicir do mundo! que ten 27 metros de longo, 12 de ancho e 10 de alto. Con 150.000 vatios de luz e vídeo, e outros 70.000 de son.
Abriron este ano xacobeo en Santiago despois das badaladas, porque son patrocinadores oficiais, por iso este ano chámanlle a súa xira "A xira do Xacobeo".




Naceu en Caldas, un 16 de maio de 1988, como o meu cumpreanos. Actúan por toda Galicia, Asturias, León e parte de Portugal. rematan o ano cunhas 200 actuacións.

A parte de dar o mellor espectáculo, sen duda, son solidarios co cancro, xa que todos os anos, por navidades, lévanlle ao hospital materno infantil Teresa Herrera todo o diñeiro recadado coa venda de CDs, DVDs e camisetas. Este último ano 2009 entregaron 21.580€, e tamén déronlle regalos aos nenos. Por esta causa tamén celebran a gala contra o cancro todos os anos en Ordes o 30 de abril. Este ano trouxeron a artistas como Sergio DalmaJuan Magán, Carlos Baute, Isabel Pantoja, Soraya, Kate Ryan, Santa Fé, Tamara, Seguridad SocialMelocos. Tamén trouxeron a Diana, antiga cantante de Panorama, que pasou dez anos na orquestra con algunha que outra baixa. Unha das mellores voces do mundo, que veu cantar a canción de Mónica Naranjo "Europa", como xa facía durante todo o ano 2008, con ese pontencial que só ela ten, única. Pon os pelos de punta. Sempre Diana! Tamén foi onde mostraron a súa nova canción "Dale al boom boom", tras o seu antigo éxito con "Como está el Panorama", déixovos este tema en galego e a orixinal. Ese día conseguiron concentrar a máis de 40.000 persoas, nas que eu me encontraba. Esta foi a gala onde caeu a Pantoja, déixovos o vídeo.

Este 6 de setembro, foi un día tráxico para eles e para todos os seus fans, cando ían dar as catro e media da tarde, na AP-9, no kilómetro 61, á altura de Sigüeiro, fáialles unha zapata dos freos e unha das rodas traseiras comeza a arder. Chegan bombeiros do concello de Santiago e de Ordes. Por sorte non houbo danos persoais, pero si materiais, e moi grandes, valorados en cerca de 1.000.000€. Por se fose pouco, eses días, Lito, cantante e xefe da Panorama, estaba enfermo con larinxitis aguda, houbo uns días que tivo que ir para o hospital. Aída todo iso, ese mesmo día, tiñan unha actuación en Guísamo e foron igualmente, cumpliron con todas as actuacións que tiñan, pero cun escenario prestado. O luns pasou o acidente e ó seguinte venres xa tiñan todo de novo. En Guísamo, unha pandilla de chavales escibiron unha pancarta, que poñía: "Panorama é máis ca un escenario". Esa noite demostraron que valían mitísimo, fixeron todo o posible por manter o seu espectáculo, porque son os mellores e non abandoan a súa xente. Por desgraza deste acidente non poderán volver a facer o musical que facían, pero din que o poñerán para a xira 2011 e con novedades. A parte deste musical tamén fan máis canción cunha posta en escena espectacular.

Tamén, este ano uníronse, xunto con Costa Oeste e Philadelphia en Cambados o día 30 de outubro para que a xente nova non bebera cando fose coller o coche. O lema era "Libre de alcohol libre de preocupacións".

Chegan a ter tanta popularidade que se botas unha ollada ós periódicos, ás radios galegas e ás televisións non só galegas como la Sexta, Antena 3 e Telecinco, oirás falar deles. Están en todo, pero o merecen por ese marabilloso traballo que fan cada noite, conectando ao cen por cen co público.

Moitos poden imitalos, pero ningén será como Panorama! porque son únicos. Voces inimitables, únicas marabillosas. Escoitade isto, son unhas das mellores cancións de entre un millón que teñen: "Asturias", interpretada pola mellor voz masculina que pode haber no mundo, cantándolle a súa terra, espectacular, como el o fai todo, é un fenómeno, o rei onde os haxa, o vídeo da gala en Ordes do 20 aniversario, 2008; "I have nothing", outra das mellores voces que pasaron por Panorama, preciosa a canción e fabulosa a voz e posta en escena, o vídeo do 20 aniversario de Cambados 2008; "Getsetmaní", nin os anxos, só el sabe facelo así, dende o 2003 ata agora; "Mujer contra mujer", dúas voces que chegan ao corazón, e que os seus seguidores sempre recordarán, gala do 20 aniversario 2008 en Ordes; "Ghost-Melodía encadenada", cunha interpretación magnífica cantada mellor que calquera artista que hai e puido haber en todos os tempos, preciosa, no ano 2004.

Dende este blog, co meu máis sinceiro agarimo, un biquiño enorme.