01/12/10

"As cousas claras"

O outro día, ía pola rúa e chamoume a atención o título dun libro que vín no escaparate dunha libraría. Con só ver o título ("As cousas claras") fíxome pensar que falaría da realidade e de acontecementos que nos poden pasar dun momento a outro. 
Ao día seguinte cando entrei pola porta do instituto, fun correndo a biblioteca a buscar o libro que a tarde anterior chamara a miña atención.
Ese mesmo día pasei toda a tarde lendo. Cada páxina que lía gustabame cada vez máis. Esta sensación xa me pasara con outros libros como "Rebeldes" ou "A última viaxe".
A novela de Neira Cruz é  un dos libros que máis me gustou de todos os que lín ata agora, porque é un libro que narra situacións reais que suceden día a día, como a violencia (Elías, un compañeiro de clase de Marga, a protagonista da historia, é maltratado polo seu tío Tallón). Tamén fala da morte, e xusto é un profesor do instituto, o que todos aprecian, o que está a piques de morrer.
Situacións coma estas, son as que nós case nunca nos plantexamos que nos poidan pasar, porque pensamos que iso está moi lonxe do noso arredor, e cremos que só lle pode pasar aos demais. Pero este libro ensinoume a plantexar como serán as cousas doutra maneira, e fíxome pensar que sentiría se a morte e a violencia petara a porta da miña casa, como lles pasa aos protagonistas do libro.