22/11/10

Non á violencia contra as mulleres.

A violencia de xénero é aquela que afecta ás mulleres. Prodúcese en moitos ámbitos (familiar, laboral...) pero onde soen afectar máis é no ámbito familiar. 



É o primeiro ano que nos falan máis a fondo de todo isto, pero xa escoitaramos algo na televisión, na radio, en xornais e en cursos pasados. Debe ser que  nos imos facendo maiores e estes temas xa nos interesan máis - igual que os rapaces-.
A violencia de xénero é a primera causa de morte, despois do cáncro, accidentes de tráfico...

Son xa 65 víctimas de morte por abuso ás mulleres este ano.
No ano 2007 morreran máis de 80.

Non credes que é para pensar? Nós teremos algo que aportar para que esta situación cambie? Informarse e falar entre nós disto é o primeiro.
Aquí vos deixamos un enlace dun vídeo que é bastante triste pero que fai pensar moito. Nós cremos que está moi ben .


Recordade que nunca se pode dar unha segunda oportunidad á violencia e sempre na primeira agresión, pedir un tipo de axuda.

Arriba na dereita, tedes unha foto que, como podedes observar, explica como son os pasos desta enfermidade social, que comeza por pequenas cousas e acaban complicándose moito. Premede na foto e botarlle unha ollada.

Xa desde agora, nós debemos analizar o tipo de relación que establecemos coas nosas "parellas" ou "amigos/as  máis ou menos íntimos", pois tal como o montemos agora, que estamos aprendendo, así serán as nosas relacións futuras.
AH! Por certo! Non é cousa só de rapazas o de ter que pensar. Os rapaces tamén son protagonistas nesa relación e todos podemos estar equivocados en como montar as nosas historias.
O máis importante é falar, expresar cada un os seus pensamentos, dúbidas, temores, inseguridades... e poñernos de acordo.