Cada semana, máis dunha muller, é maltratada ou asasinada pola súa parella.
Dende o principio de curso, xa son 65 as mulleres mortas e se deixamos que siga, serán moitísimas máis.
Todas as marcas que lles deixan físicamente, poden desaparecer, pero non as psicolóxicas .
Doe ver nas noticias, que todos os días, encontran a unha muller morta brutalmente e pensar que pode ser a nosa nai, irmá, amiga ou coñecida.
Tamén hai unha minoría de homes maltratados.
Sofren en silencio, por medo a que lles fagan dano a elas, ou aos seus fillos, que o pasan aínda peor. O medo que teñen fai que intenten esconder ao maltratador que non sabe o valor que teñen esas mulleres e a súa valentía.
Debemos pensar na súa igualdade, dereitos e felicidade.
O 25 de novembro, celébrase o día da eliminación da violencia de xénero.
Nalgunhas partes de España, recórdanse todas aquelas mulleres que perderon a vida nas máns dun machista.Di non á violencia de xénero.