26/10/10

A vella queimada en Triabá

Era unha noite de moito frío. Moitas familias estaban reunidas contando unhas lendas coma esta:

Dise que hai moitos anos, cerca de Triabá, en Lugo, vivía unha vella que era moi mala. Un día había 3 homes do pobo que decidiron ir a xunto dela a darlle unha malleira. Cada un tiña un pao. Entraron na casa e alí estaba a vella. E déronlle unha boa malleira. Antes de que a vella morrera botoulle unha maldición a un deles. Os homes tiñan medo a que lles descubrisen e levárona a un forno preto da casa da vella a queimala. Ao home ao que lle botara a maldición foi un tempo ó cárcere e cando saiu encontrouse á vella que viña do inferno para levalo a el. Ela arrancoulle o ril e comeuno, e o mesmo fixo, días despois, co fígado, páncreas... O home apareceu morto dun golpe na cabeza. Os médicos fixéronlle a autopsia, pero eles sabían que non morrera diso. Non se atreveron a dicilo porque estaba baleiro por dentro.