08/10/10

Banda de Música Galega- TRAPALLADA

Trapallada é unha banda de música de aquí de  A Coruña, en Monte alto. Está formada no ano 2004 cando tres rapaces xúntanse para facer música.

Primeiro tocaban versións, pero pouco a pouco empezaron facer temas propios.
O primeiro tema que fixeron chámase "Palestina". Tendo moita paciencia e moita experiencia, empezaron cos concertos.

A primeira vez que actuaron foi en Cambrecore, no que participaban bandas hardcore e punk locais, galegas e de fóra. Din que foi un desastre, xa que beberon moito para quitar os nervios e lles pasou de todo.
En setembro, sacaron un disco chamado:
15002: Espírito de loita.
Puxéronlle o número 15002, porque é o código postal de Monte Alto.

Antes do primeiro disco, tiñan unha maqueta de seis temas.
Din que a xente gustáralle moito e tivo moito éxito.
Queren poñer temas na rede para que a xente as poida descargar. No seu myspace pódense escoitar algunhas cancións.