22/10/10

SAMAÍN




É a antiga festividade céltica , foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos.

Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

A festa do Samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Polo Samaín era costume baleirar cabazas para poñerlles dentro candeas. En vilas como Cedeira todavía hoxe se celebra moito aínda que moi influenciado polo Halloween americano.