19/10/10

Os cogomelos



Crecen na humidade que proporcionan as árbores pero tamén en lugares húmidos con pouca luz. Poden ser comestibles ou velenosos. O sombreiro dos cogomelos pode adoptar diferentes formas. Os fungos poden servir para facer mediciñas como a penicilina e para facer a levadura de fermentar.

Durante moito tempo os cogomelos formaron parte do reino vexetal, e no 1969 formaron un reino aparte. Son seres vivos con célula eucariota, son heterótrofos e nútrense de matéria morta e viva.

Os cogomelos tóxicos poden ser por exemplo a Amanita muscaria que dependendo da cantidade inxerida pode causar danos no sistema nervioso ou incluso a morte.

Esta fota sequeina eu, fai un par de anos, un día que fun a coller cogomelos coa miña madriña.