26/10/10

O segredo do faiado.

Hai moitos anos, nun pobo no que non había case xente, unha muller chamada Carme vivía co seu marido Xosé, nunha casa , cunha eira onde plantaban legumes e patacas que despois gardaban no piorno.

Un día Carmen estaba encendendo o lume na lareira e oíu o choro dun eno,chamou a Xosé pero non a escoitou porque estaba no alboio. Entón Carmen foi mirar ao faiado porque os choros viñan dalí, pero non atopou nada. Cando Xosé entrou na casa, non lle fixo caso pero como ela insistiu foron mirar na adega e non encontraron nada.

Ó día seguinte Carme foi buscalas cartas a caixa do correo e na cancela había unha anciá que lle dixo que tiña que marchar desa casa porque estaba maldita. Contoulle que morrera un neno, máis ben que a súa nai o pechara no faiado e que non o deixaba saír para nada, e que neno despois dun tempo morrera pero o seu espíritu seguía na casa. 

Despois de contarlle isto a anciá desapareceu sen que Carme se dese conta. Cando chegou a onda Xosé díxolle: -Xa sei que segredo garda o faiado! E contoulle o que esa anciá lle contara facia uns minutos.Xosé no no cría pero Carme insistiulle tanto que o convenceu para marchar desa casa polo que puidese pasar.