13/10/10

O SEGREDO DO FAIADO

O faiado, un lugar frío e escuro; escondíase un baúl cheo de sorpresas que daban medo, nel había un libro de lendas e historias cheas de misterio, unha delas era: ´´a casa da morte``. A lenda dicía que a casa tiña un sebe de rosas negras, marchitas e con moitas espiñas, a cancela era de ferro oxidado, a cheminea non funcionaba do vella que era, no pombal en vez de haber pombas habían corvos, na adega había viño de moitos anos, pero o que o bebía morria pola noite, no piorno había grans que por dentro tiñan veleno, no soto habían moitos ataúdes con nenos que morrera xa fai séculos por culpa do can que vive na canceira, había un fouciño que estaba encantado e malfería á xente que estaba no campo, e pola noite gardábase só no alboio, a caixa do correo mataba aos carteiros que poñian as cartas alí; a lenda tamén dicía que era mellor non acercarse a esta casa tan mala.