06/10/10

O meu verán.

Este foi un verán como outro calquera, quizáis un pouco máis especial.
As primeiras semanas das vacacións estiven todo o día na academia de danza e non disfrutei nada da praia. O dez de xullo tiven unha actuación no palacio da ópera.
Unha semana despois marchei  ao Burgo a casa dunha prima que só vexo no verán e un par de veces polo inverno; nesas datas eran as festas do Burgo e estivemos todos os días de festa. Ela é cunha das persoas que paso máis tempo no verán. Teño que aprobeitar xa que non a veño todo o que me gustaria, antes como non tiñamos internet cada vez que nos viamos tiñamos unha chea de cousas que contarnos, pero agora falamos todolos días por rede social.Tamén fun as festas de Baio e Traba con Alessia, foi con ela coa que este verán vín gañar o mundial a Seleccion española, e coa que pasei máis momentos.

En agosto marchei unha semana para a miña aldea e fun case todos os días as festas de Ordes, aínda que ir cústoume o seu, porque un dos días que estiben alí, pasamos o día a recoller as patacas da eira. O día que marchei da aldea fun a Portugal ,facia moita calor e ademais fun un dos días no que  estaba cheo de incendios e por riba inda facía máis calor. Espero que para ó ano poida volver, quedarme alí uns días e velo todo.

Pero como dixen ao principio, este foi un verán un pouco máis especial. Porque facía tempo que nos me falaba, nin via a unha das miñas mellores amigas. Pero a finais do verán estivemos falando e arreglamolo todo. A verdade e que tiña moito medo porque pensei, que por estar así estes últimos meses as cousas xa non volverían ser como antes. Pero despois de falar as cousas volvemos a estar coma sempre.