25/10/10

Unha finde inolvidable!

Este fin de semana funme ao Castañazo Rock 2010 nunha vila que se chama Chantada en Lugo.

Un amigo conseguiume a entrada, mercounas en Discos Portobello (un pouco caras). O sábado pola maña collemos o coche e marchamos para Chantada, cando chegamos tivemos que buscar un lugar para  durmir, miramos hostais, hoteis e fondas pero non nos chegaba o presuposto  ........ entón nós quedamos no pavillón de deportes IES do Asma.......... no que durmimos de balde.

Unha vez atopado o sitio para durmir buscamos un luguar para comer, descansamos un pouco xa que tiñamos que gardar forzas para os concertos coma BANDA BASSOTTI, RUXE-RUXE, ALÉN é BOIKOT.

Das catro bandas que tocaron ese día a que máis me gustou foi RUXE-RUXE  que me encantou porque as súas cancións transmítenme moita alegría.
O concerto rematou moi tarde  e meu amigo pasárase un pouco cá bebida, entón fomos durmir, onde suei tinta para levalo a cama.

O domingo espertamos tarde, como non podíamos quedar para ver os concertos,antes de marchar fomos a apuntarnos aos xogos bravús coma a corrida de leiteira e lanzamento de boina; no xogo gañaba o que máis preto do punto asignado polo xurado, lanzei a boina, e fun o que peor quedou. Menos mal que no da leiteira quedei o primeiro.  Pasámolo moi ben pero marchamos cansos para casa.