10/10/10

O segredo do faiado.

Hai uns meses, os meus pais compraron unha casa no monte. Dicíanme que era moi vella e había que facerlle algúns cambios. A primeira vez que fun vela gustoume bastante, pero tiven unha impresión moi rara ao acercarme. Entrei e subín ao meu cuarto, no segundo piso dos tres. Nel, había unha cheminea moi bonita, chea de flores ao seu arredor. Baixei para ver a adega, que estaba moi sucia e o alboio que só tiña algunhas cousiñas. A cancela da casa estaba rota, pero, moi ben pintadiña. O valado estaba novo e era da mesma cor que a cancela. Cerca da casa, había moita sebe e parecía estar ben cuidada. Miña nai, díxome que íamos pasala noite alí. Meus pais, saíron a cear fóra. Cando xa era moi tarde, subín ao me cuarto. Estaba todo moi oscuro e non podía ver nada. Deiteime e pechei os ollos para dormir, pero non podía. Algo pasaba naquela casa, que facía que o silencio recorrera todo o meu corpo e tomara conta da miña cabeza. Levanteime para pechar algunhas fiestras. Non me dera conta, de que na casa, había unha porta máis, pero como eran tres pisos, xa era de supoñer. Desde pequena, os faiados dábanme moito medo e nunca me atrevera a entrar nun. Abrín a porta e subín pola aquelas escadas, que parecían caerse. Sorprendeume ver que só había unha bufarda, un berce e un taboleiro no chan. Acerqueime e sentín como había algunha presenza alí. Sabía que xa non estaba soa. Desde a bufarda víase algunha outra casa e moito campo. Cando xa me ía, a porta pechou soa e algo comezou a facer barullo. Asusteime e  escondínme detrais do berce. Cando me dín a volta, encontreime co maior pesadelo da miña vida.