26/10/10

De festa no Castañazo rock



O sábado e domingo fomos ao Castañazo rock! Compramos as entradas en "Discos Portobello" por adiantado e valeu 12 € unha persoa, xa que c
omo nós somos moi baixiños dixemos que tíñamos 11 anos e íamos cun adulto... Non pagamos a entrada! . Tivemos que ir a Chantada, por Lugo.

Ao chegar aloxámonos no hotel "Pazo do piñeiro", que parecía moi rural. O Sábado chegamos ás 10 cando comenzaron os concertos e estaba moi cheo. Cando entramos puxéronos unha pulseira cuns números para entrar e saír do recinto cando queiramos.
Pero ó entrar sacáronme a cámara de video.

Despois comezaron con: Alen, Boikot, Ruxe Ruxe....etc
Había xogos tradicionais entre eles:

-Lanzamento de boina.
-Turra-Soga
-Corridas de leiteiras
-Movemento de marcos
-A rà
-O aro
-Os birlos
-O trompo


O espectáculo deuse a cuberto xa que comezou a chover sen parar. Chegamos tarde ó hotel peron non dimos durmido porque tomamos moitos "Red-bulls"