13/10/10

A casa tola

Eu cando vou a casa de meus avós eu digo que a casa está tola porque esta chea de cousas novas que non teñen sentido como ao carón da cheminea poñen unha bolsa de gominolas.

Tamén ten un cataventos que xira e xira cando non hai vento ningún e cando hai non xira    chámanlle o cataventos máxico, na leira os tomates son de cor amarela e as alcachofas de cor amarela, roxa e azul.
No valado sempre hai auga enriba cando hai sol e 40ºC.
A caixa do correo e de 3 metros que so podes meter paquetes de cousas electrónicas.

Onde non hai nada estraño e no soto que teñen viño.
A bufarda non estaba no faiado se non na cociña .
E a cancela media uns oitenta metros .

Na canceira estan as pombas e no pombal estan os cans.

E así é a casa tola e non é tola e tolísima.