28/09/10

A miña viaxe a china

Meus pais déronme a alegría da miña vida cando me dixeron que íamos de viaxe a China. Era a primeira vez que saía de España. A viaxe foi moi longa, durou máis ou menos 12 horas. E por fin cheguei a Pekín, a capital da China, é unha cidade moi interesante, pola súa cultura, as paisaxes, a xente...
A distancia entre as cidades máis importantes e moi longa porque é un dos países máis grandes do mundo. Chamoume a atención que a xente despracábase sempre en bici, e tamén se utilizaban embarcacións como o sampáns para navegar polo río Yang Tsé.
Os primeiros días non me acostumaba a so beber Nai Cha, que e un tipo de té con leite, e almorzar Mantou que son uns panecillos. É moi común facer artes marciais como o Kung fu, Tai chi e o Karate. Alí o ano novo o fan entre xaneiro e febreiro e as rúas énchense de faroliños e flores.
A visita a Cidade Prohibida foi xenial, hai 9.000 habitacións e alí é onde viven os emperadores chinos. Tamén me gustou moito a gran muralla e percorre 7.000 km, foi construida para protexer o imperio de China dos ataques.
E o que máis me gusta son os osos panda, habitan en montañas de China e aliméntanse de bambú. Poden comer ata 14 kg ao día e chegar a pesar 140 kg.